Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

EU-IU , eisixe que o Concello de Ponteareas publique un informe contable sobre a situación financieira.

Non nos parece suficiente que un partido da coalición gobernante, neste caso o BNG, faga informes ó respecto en asambleas ou comunicados. Non ten sentido que o BNG, reponsable da área económica, emita información contable sobre o estado do Concello no mesmo documento (9-10-03) no que se afirma textualmente que “non existe información na propia área económica sobre a situación real do Concello”.
Se no mesmo documento afirman que “non existe unha área económica con persoal cualificado”, ¿a qué ven dicir a continuación que “levamos tres meses tentando ter toda a información real e inda non foi posible”?.
O goberno municipal é responsable de que as contas municipais sean claras e públicas. Si o goberno non ten persoal cualificado, estivo tres meses perdendo o tempo.
O que procede é contratar ou xestionar ese persoal necesario e aclarar por qué non se fixo esa contratación ou xestión ata agora.


Ponteareas, 16 de outubro do 2.003


X. Román Alonso Santos, Coordinador Local de EU-IU