ADEGA, FEG e SGHN condenan a liberación de miles de visóns americanos en Santiago
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), a Federación Ecoloxista Galega (FEG) e a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) queren expresar publicamente o seu rexeitamento á liberación intencionada de miles de visóns americanos procedentes dunha granxa de San Marcos, en Santiago. ADEGA, FEG e SGHN condenan as granxas de visóns, mais consideran que a solta destes animais, alleos ao noso medio natural, é un atentado ecolóxico máis que contribúe á deterioración da natureza.
Esta acción supón un grave atentado ambiental, xa que o visón
americano é unha especie alóctona invasora cuxa introdución na nosa naturezaten consecuencias negativas para a fauna autóctona e o funcionamento normal dos ecosistemas.O visón americano é un voraz depredador de moitas especies da nosa fauna ligadas a masas de auga doce e as súas ribeiras.
Os grupos ecoloxistas e as organizacións animalistas responsábeis consideran inaceptábeis estas liberacións de visóns, que poden provocar extincións locais de poboacións de especies autóctonas.
Esta acción só pode ser atribuída a persoas que non teñen nada que ver coas asociacións de defensa do medio ambiente.
ADEGA-Compostela, FEG e SGHN-Santiago están totalmente en contra das granxas de visóns, nas que os animais teñen unha vida e unha morte miserable, para satisfacer luxos innecesarios e crueis. Por este motivo solicitamos o feche destas granxas e o confinamento destes animais, difícilmente recuperables ao seu entorno natural, a unhas instalacións onde poidan levar unha vida o mais digna posible.
Anexo
Notas sobre o visón americano (Mustela vison)
Mustélido orixinario de Norteamérica. Chegou a Europa co auxe das
granxas peleteiras. En Galiza poden atoparse poboacións en expansión na franxa costeira da provincia de Pontevedra e na Coruña.O visón americano coloniza rapidamente o territorio instalándose preferentemente no entorno de masas de auga: ríos, regatos, encoros, marismas, etc.
Polos seus hábitos alimentarios representa un gran perigo cando se
atopa fóra do seu medio natural, xa que se trata de un depredador
opotunista e xeneralista. As súas presas son moi variadas:
invertebrados (insectos, crustáceos, moluscos), peces, anfibios,
réptiles, aves e pequenos mamíferos.
É presa de mamíferos como o raposo (Vulpes vulpes), a lontra (Lutra lutra) e aves como o bufo real (Bubo bubo) (ave en perigo de extinción na nosa terra).
Estes inimigos naturais non están a exercer unha presión significativa sobre o visón, pois trátase dunha especie en expansión.
Os expertos en conservación da biodiversidade recomendan tomar medidas de xestión para evitar novas liberacións de visóns.

ADEGA + CEMMA + FEG