Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O Comité de Defensa do Monte Galego, pola xestión sostibel do Bidureiral de Montederramo

Como manifestación de protesta de cara ao proxecto de explotación cinexética que se ten previsto establecer neste entorno de valor cultural e ecolóxico incomparable.
Programa de Actividadades:
- Sábado 1 de Novembro: ás 20 horas celebrarase un magosto na Área recreativa Ponte Mazaira, haberá viño, chourizos e castañas, por un prezo de 3€, a xornada estará amenizada por grupos de música tradicional.
- Domingo 2 de Novembro: andaina comezará ás 12 horas na Mogainza, cun percorrido de 5 km que rematará na Cancela do Casal, arredor da 13:30, donde se procederá á leitura do manifesto en contra deste tipo de xestión do monte. De seguido nos desplazamos ao merendeiro do Campo do Casal donde remataremos a xornada coa comida. Durante o percorrido contaremos coa participación de Camilo Dios, co que recordaremos a historia dos maquis de Montederramo.
Prezo do magosto (Castañas, chourizo, pan e viño): 3 Euros.
Prezo albergue (Traede saco de durmir ou mantas): 5,50 Euros.
Inscripcións: antes do mércores día 29 de outubro, nos teléfonos: 619 052 758 (Antolín), 605 787 366 (Canitrot), ou ben no correo electrónico; antolinfer@terra.es.
Sonia Couso, representante de ADEGA-Ourense (Comité de Defensa do Monte Galego)