Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Campaña: Axuda a virir. Doa sangue e pranta unha árbore

A idea desta iniciativa xurdiu no ano 2000 froito de dúas grandes preocupacións que vivimos na actualidade.
Como todos/as sabemos, os índices de incendios forestais están a aumentar dun modo alarmante nos meses de verán, e dunha forma moi destacada na provincia de Ourense. Por outro lado, unha das graves problemáticas que suceden durante estes dous meses é que os índices de doazóns de sangue baixan de maneira desproporcionada, paradóxicamente na época na que fai máis falta debido ó aumento do número de accidentes. É por iso polo que a través desta campaña, pretendemos sensibilizar á poboación ourensá sobre estas dúas temáticas, e facela formar parte activa na recuperación da vida. Deste modo, por cada persoa que se aproxime entre os días 18 e 23 de Xullo a doar sangue á unidade móvil do Centro de Transfusión, regalaremos unha árbore autóctona que se poderá plantar entre novembro e febreiro, nalgún bosque afectado polos incendios.

A unidade móvil estará nos seguintes puntos:

Luns 18
Bª Estación (frente o centro de saúde ) 15:30-21:00h

Martes 19:
Xardín do Posío, Rúa Coruña. 9:30-14:30/15:30-21:00h

Miércoles 20
Rúa do Paseo. Ibense. 9:30-14:30/15:30-21:00h

Xoves 21:
Rúa do Paseo. Ibense. 9:30-14:30/15:30-21:00h

Venres 22
Praza da Mariña. 9:30/14:30h. Bª Vistahermosa. 15:30-21:00h

Sábado 23:
Bª Portocarreiro (esquina Dr. Fleming- Reza). 10:00-15:00h

Amigos da Terra - Centro Iris de Medio Ambiente