Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O tenis protagonista na programación deportiva de verán de Carral

Entre estas actividades de promoción, incluídas dentro de programa “Verán Deportivo. Carral 2005”, se atopan as seguintes:

1. Cursos de tenis.- esta actividade comezará o día 1 de agosto prolongándose ó longo de todo o mes. Neles poderán participar xente de tódalas idades, que serán distribuídos en grupos, e cunha carga de dúas horas a semana, en horario de tarde/noite, en función dos grupos. Finalmente, o prezo de inscrición nestes cursos será de 20 € por todo o mes.

2. VII Torneo de Tenis “Concello de Carral”.- Este ano recupérase un clásico dos torneos de verán de Carral. Este, que comezará no mes de agosto, se disputará en formato liguilla clasificatoria para rematar no mes de setembro, coincidindo coas festas patronais da localidade. Da mesma forma que na actividade anterior, nesta poderán participar deportistas de tódalas idades e niveis, distribuíndose por categorías. En canto o prezo de inscrición, será de 3 €, co que se inclúe un bote de bolas.

Ámbolos dous eventos, estarán impartidos e controlados por monitores especializados e en horarios moi flexibles para poder chegar o maior número de xente. Tamén cabe mencionar que se levarán a cabo nas recentemente reformadas pistas de tenis municipais, que están contando cun gran éxito de uso debido ó perfecto estado da nova superficie de xogo e a potente iluminación coa que contan.

Os obxectivos que persegue o Servicio Municipal de Deportes do Concello de Carral coa programación deportiva do verán 2005, e o de fomentar o deporte entre tódolos rangos de idade como unha forma de aproveitamento do ocio estival, e máis concretamente o fomento do tenis na localidade. Ademais, queremos encauzar tamén ós numerosísimos usuarios das novas pistas de tenis, que ata agora acudían dunha forma arbitraria e desorganizada. Búscase polo tanto, arraigar un hábito deportivo entre a poboación para o disfrute do tempo de ocio.

O departamento de Deportes, que dirixe Jesús Manuel Raso López continuará co desenvolvemento deste tipo de actividades promocionais, difundindo a práctica deportiva entre a poboación e promovendo as modalidades de menor seguimento.

O prazo de inscrición neste eventos tenísticos remata o vindeiro 27 de xullo, podendo dirixirse os interesados, á Casa de Cultura do Concello de Carral.
Carlos Alberto Fragoso Parga