Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Santiso Miramontes entrega os títulos de propiedade da zona de Castelo no concello lucense de Taboada

O conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, José Antonio Santiso Miramontes, entregou os títulos das concentracións parcelarias das zonas de Castelo, no municipio lucense de Taboada.

No transcurso do acto, Santiso Miramontes apelou á necesidade de facer “un esforzo reestruturación do agro galego” para “propiciar un desenvolvemento económico equilibrado, que mellore a competitividade”. O conselleiro explicou que, “estes mecanismos fan que se consigan explotacións agrícolas máis rendibles e créanse novas infraestruturas que favorecen o crecemento das explotacións”.


MÁIS DE 900.000 EUROS INVESTIDOS NESTA CONCENTRACIÓN


O titular de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural indicou que a unión de terra “tamén é un instrumento de axuda para favorecer o asentamento da poboación rural, para mellorar a calidade de vida e para animar a participación dos máis novos na actividade agrícola”.

A Xunta de Galicia investiu un total de 921.937 euros nas concentracións de Castelo, que afectaron a un total de 570 hectáreas de 223 propietarios. Esta xuntanza de terras posibilitou que se pasaran de 2.451 parcelas existentes antes do proceso ás 608 fincas actuais.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia