Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Membros do Goberno galego acoden a Láncara para trasladarlle as súas condolencias á familia do piloto falecido

Concretamente,trasladáronse ata o municipio lugués de Láncara o vicepresidente da Igualdade e do Benestar, Anxo Quintana, así como os conselleiros do Medio Rural e de Innovación e Industria, Alfredo Suárez Canal e Fernando Blanco Álvarez, respectivamente. Así mesmo, está previsto que tamén se desprace ata o tanatorio de Láncara o titular de Traballo da Xunta, Ricardo Varela.

Os membros do Goberno galego queren, deste xeito, trasladarlle á familia de Antonio Díaz Díaz as súas condolencias e o seu profundo pesar polo acontecido, ao tempo que poñen á súa disposición toda a axuda que poidan precisar do Executivo autonómico.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia