Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O director xeral de Deportes, Santiago Oliveira, escolle Oleiros para comezar a súa rolda de encontros co mundo do deporte galego

Oleiros é o lugar elixido polo novo director xeral de Deportes, Santiago Domínguez Oliveira, para comezar a súa rolda de encontros co mundo deportivo galego. Será o vindeiro 14 de setembro cando o alcalde, Ángel García Seoane, reciba xunto co concelleiro de Deportes Antón Tenreiro, a Domínguez Olveira, que xa ten rematado o programa desta visita á comarca coruñesa, que centraliza en Oleiros.

Ademais desta recepción oficial das 10 da mañá do mércores 14, o director xeral de Deportes estará ás 11 da mañá na Fábrica en Perillo, para reunirse cos técnicos e profesionais municipais do deporte do concello, de cara a coñecer de perto o traballo municipal que no eido deportivo se leva a cabo en Oleiros. Aproveitando a visita do responsable autonómico do deporte galego, ás 12 do mediodía, presentarase nun acto público ó único equipo feminino de ciclismo en Galicia: o S.C.R., que acolle nas súas filas a campionas españolas destacadas, como Eva Castro.

Xa ás 13,00 horas, as instalacións do INEF-Galicia serán o punto de atención de Domínguez Oliveira, con cuxa dirección almorzará nesa xornada. Logo, ás 4 da tarde, realizará unha visita á distintas
instalacións deportivas de Oleiros.

Trala Rolda de Prensa que ofrecerá ás 17,00 horas, manterá un encontro –ás 6 da tarde- coas Federacións, Clubes, Agrupacións e entidades deportivas de toda a comarca coruñesa, no Auditorio de A
Fábrica en Perillo.
Carmen Carballo (Concello de Oleiros)