Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A Consellería de Medio Ambiente colaborará cos concellos de Baiona e Malpica para solventar os problemas de abastecemento e saneamento destes concellos

A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible avaliará a posibilidade de inversión en abastecemento de augas para acometer o proxecto de ampliación do vaso do encoro de Bahíña- Baiona, coa finalidade de mellorar as reservas de auga da presa do río que abastece a este concello pontevedrés. Así llo expresou o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, ao alcalde da localidade, Jesús Vázquez Almuíña, nun encontro que tivo lugar na sede da consellería, en San Lázaro.

Asemade, Manuel Vázquez, comprometeuse a estudiar a posibilidade de xestionar a construcción dunha estación depuradora de augas residuais (Edar), da que carece este concello e foi solicitada polo alcalde de Baiona.

MALPICA

A Consellería de Medio Ambiente analizará o problema provocado pola insuficiencia de auga na captación principal do Concello de Malpica existente en Ponte Berrón. A necesidade de subsanar esta carencia foille plantexada ao conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, polo alcalde da localidade coruñesa, no transcurso dunha entrevista que tivo lugar na sede da Consellería, en Santiago.

O rexedor de Malpica, José Ramón Varela Rey, plantexoulle ao conselleiro tamén outras necesidades do concello en materia de abastecemento de augas como é a construcción dunha traída para as parroquias de Mens e Barizo. Ao respecto, Manuel Vázquez sinalou a posibilidade de cofinanciar esta actuación o vindeiro ano.

Asimesmo, o alcalde de Malpica pediu a posta en marcha, de forma inmediata, dun programa de sensibilización da poboación en canto á recollida selectiva de cartón, vidro e plástico. O director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Joaquín Lucas Buergo del Río, presente tamén no encontro, comprometeuse a poñer en marcha, no menor tempo posible, una campaña informativa co obxecto de sensibilizar aos cidadáns sobre a recollida selectiva.

A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible intentará concretar todas estas actuacións a finais do mes de setembro.


Gabinete de Comunicación da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia