Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Medio Ambiente colaborará co concello de Betanzos na posta en marcha de novos proxectos de saneamento e abastecemento

O Conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, reuniuse co alcalde do Concello de Betanzos, Manuel Lagares Pérez, no seu despacho en San Lázaro. Ambos mandatarios trataron as carencias de abastecemento e saneamento que sofre o municipio coruñés.

O rexedor de Betanzos fixo coñecedor ao conselleiro da “discriminación” de padeceu este municipio nos últimos anos, ó non obter obra algunha en materia de saneamento por parte da Xunta. Manuel Vázquez recoñeceu este feito e comprometeuse a poñer en marcha novos proxectos que resolvan as carencias existentes. O alcalde e o conselleiro acordaron tamén elaborar un programa conxunto para desenvolver actuacións concretas coas que se dea cobertura aos problemas de abastecemento e saneamento que ten na actualidade o concello coruñés.

En breve, o propio conselleiro de Medio Ambiente se desprazará ao municipio de Betanzos para coñecer de primeira man as demandas realizadas polo alcalde. Asemade, Manuel Vázquez invitou ao rexedor a que presente proxectos concretos, nos que poda colaborar a consellería.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia