Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo ordena paralizar as obras da piscifactoría de Rinlo

O Xulgado do Contencioso-Administrativo de LUGO emitía un auto procedendo a ordenar
a paralización cautelar das obras que ACUINOR, S.L (Alvárez-Cascos Paredes) está a levar a cabo en RINLO (RIBADEO) con destino a unha piscifactoría que ocuparía 42.000 metros cadrados dentro dun espazo da Rede Natura con hábitats prioritarios e sobre os que, -dacordo coa Directiva 92/43 e Real Decreto 1997/1995-, só se pode actuar alegando razóns de saúde e seguridade pública ou "razóns imperiosas de interese público de primeira orde".

No momento de redactarmos esta nota non temos noticias de se o Xulgado nº 1 de Mondoñedo, -no que se segue denuncia penal por
presunta prevaricación urbanística pola licenza municipal de obras e de actividade acordada polo Concello de Ribadeo-, ordenou idéntica medida cautelar. De todas formas, na Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) estamos seguros de que, á vista das dilixencias practicadas xa no día de onte coa solicitude do expediente e a petición de informe ao SEPRONA, xa dispoñerá o xulgado de indicios dabondos para proceder a unha paralización que, nós estimamos, que se debera ter producido xa no día de onte habida conta de que a parcela sobre a que se están a realizar as obras está dentro dun espazo da Rede Natura con hábitats prioritarios que, por seren escasos e estaren en perigo de desaparición, gozan de especial protección.

Dende ADEGA queremos recordar que sobran en RIBADEO espazos onde ubicar esta instalación sen ter que afectar a estes hábitats prioritarios da REDE NATURA. E queremos recordarlle ao Goberno municipal de Ribadeo que, mesmo por xustiza social (e tamén por dignidade), non debera permitirse que alí onde un veciño de Ribadeo non puido facer a súa casa, o seu chalet ou o seu negocio menos debería poder facerse unha negocio privado que ocupa non 400 senón 40.000 metros cadrados.

Nota: Parte dispositiva do auto xudicial:

/"SE CONCEDE la suspensión de la ejecución del acto recurrido a que se ha hecho mención en el antecedente fáctico primero de la presente resolución, interesada por el letrado D. Apolinar Gómez Roca, en
representación de la Asociación Ecológica de Galicia, y, en consecuencia, se acuerda la paralización de las obras que se están realizando en la parcel de Foxo Longo para la construcción de una granja de cultivos mariños, sin hacer imposición de costas"/
Adega