A conselleira de Sanidade presidiu a toma de posesión dos novos delegados de Sanidade en Lugo e Pontevedra
A conselleira de Sanidade, María José Rubio Vidal, presidiu en Santiago, a toma de posesión dos novos delegados provinciais do seu Departamento paras as provincias de Lugo, cargo que vai desenvolver Miguel Ángel Rodríguez Lois, e Pontevedra, posto que ocupará Juan Antonio Martín Tejedor.
O novo delegado de Lugo naceu no ano 1955. É licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade da capital galega e especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Dende 1998 e ata a actualidade exercía como médico de familia no centro de saúde do Sagrado Corazón de Lugo.
Entre outros cargos profesionais ocupou a Presidencia da Asociación Profesional de Médicos de Zona de Lugo e foi representante nacional de Medicina Rural da Organización Médico Colexial de España. O doutor Rodríguez Lois foi, igualmente, colaborador nun gran número de congresos e comunicacións científicas. Así mesmo, foi profesor do “Taller de Vértigo” que se desenvolveu no XI Congreso Nacional da Sociedade Española de Medicina Xeral.
Pola súa banda, o novo delegado de Sanidade en Pontevedra, Juan Antonio Martín Tejedor, naceu no ano 1959 e licenciouse en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Salamanca, especializándose en Dereito Sanitario pola Universidade da Coruña e diplomándose en Valoración Médica de Incapacidades pola Escola Nacional de Medicina e Seguridade no Traballo. En 1989 foi nomeado inspector médico de carreira da Administración da Seguridade Social.
Ao longo da súa carreira profesional o novo delegado ocupou distintos cargos entre eles o de subdirector provincial do Instituto Social da Mariña en Vilagarcía de Arousa, xefe da unidade de Saúde Laboral da Dirección Provincial do Sergas en Pontevedra e coordinador do ISM para o Proxecto da Sida nos mariñeiros da Comunidade de Galicia. Tamén exerceu a actividade docente en dous másters da Universidade de Vigo, así como en diversos cursos de saúde laboral.
No acto, a conselleira de Sanidade dixo que os dous novos cargos do seu departamento gozan da súa confianza e co seu traballo sei que gozarán da vosa. A máxima responsable sanitaria doulles a benvida e pediulles reforcen, se cabe, aquelas notas que caracterizaron a súa xa dilatada vida profesional: ilusión, capacidade de traballo, integridade e plena dedicación ao servizo público sanitario. Pola súa banda, os dous novos delegados amosaron agradecemento polo seu nomeamento e comprometeron traballo e esforzo diario ao fronte das súas respectivas delegacións.

Gabinete de Comunicación do Sergas (Xunta de Galicia)