ADEGA, satisfeita co acordo do Consello da Xunta paralizando dous aproveitamentos hidroeléctricos do Ulla
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) expresa a súa satisfacción por esta nova sensibilidade cara ao administrado de a pé que demostra este acordo do
Consello da Xunta, na medida en que vén subsanar unha grave irregularidade, xa apreciada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, ao anular a Resolución de Augas de Galicia, de 23 de Abril do 2001, de modificación dunha concesión para o aproveitamento hidroeléctrico integral do río Ulla.
Trátase dun acordo que debera de ter tomado xa a Administración anterior á vista do fallo da sentenza do Tribunal Contencioso-Administrativo de Pontevedra de 26 de Abril de 2005, no canto de acompañar a UNIÓN-FENOSA no seu Recurso de Apelación.
ADEGA agarda que este sexa o primeiro paso no compromiso de revisión das novas concesións hidroeléctricas que ten prometido o goberno bipartito (río Ulla, Deza, Arnego, Oitavén, Verdugo, Landro, Lérez, etc) e que tamén o Conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, ten, pola súa parte, anunciado en reunión anterior que
mantivemos con el acompañando aos veciños do Ulla e do Deza.
Hoxendía a prioridade do Goberno, no que á xestión hidrolóxica se refire, ten que poñerse no saneamento dos ríos e na recuperación dos ecosistemas fluviais que reclamamos na Iniciativa Lexislativa Popular en defensa dos ríos que será debatida no Parlamento. ADEGA espera que se cumpra estritamente o compromiso recollido no acordo entre PSdG-PSOE e BNG para a formación do Goberno de que “a política de augas aplicará a Directiva Marco da Unión Europea”, o que é incompatíbel coa sobreexplotación eléctrica dos nosos ríos.
ADEGA tamén demanda a revisión do Plano Sectorial
Hidroeléctrico de Galiza-Costa, así como doutros Planos Sectoriais ambientalmente prexudiciais na súa redacción actual, como o Plano Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria que a anterior Xunta de Galiza aprobou a toda presa durante a súa interinidade, permitindo que once dos 23 parques se poidan instalar en espazos naturais protexidos da Rede Natura 2000.

Daniel Vispo (secretario xeral de ADEGA)