Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Medio Ambiente revisará o expediente da Cementeira de Coirós

O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, e o director de Calidade e Avaliación Ambiental, Joaquín Lucas Buergo del Río, recibiron aos representantes da Asociación de Afectados pola Cementeira de Coirós.

O presidente deste colectivo, Miguel Gayoso, expuso aos novos responsables de Medio Ambiente a súa disconformidade pola implantación dunha industria cementeira no concello coruñés, dada a súa proximidade con núcleos de viviendas, según explicaron no transcurso da entrevista, que tivo lugar en San Lázaro. “A asociación está a favor da creación de emprego, pero non a costa da implantación de fábricas tan contaminantes coma a que se pretende instalar en Coirós” manifestáronlle os responsables da asociación de afectados a Manuel Vázquez.

Este colectivo indicoulle ao conselleiro os pasos que diron con anterioridade tales como a presentación dun recurso de alzada contra a autorización ambiental integrada concedida polo anterior Goberno da Xunta. “Pese a que presentamos 4.600 firmas e solicitamos unha entrevista co anterior conselleiro, éste nunca nos recibiu”, declarou o presidente do colectivo.

Pola súa banda, tanto Manuel Vázquez como Buergo del Río comprometéronse a revisar todo o expediente da fábrica, atendendo as peticións dos veciños.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia