Medio Ambiente financiará a segunda fase da rede de sumidoiros de Santa María do Campo (Marín)

Dada a urxencia da obra, Manuel Vázquez comprometeuse a iniciar de inmediato a tramitación administrativa do proxecto que propón o rexedor de Marín, que supón unha inversión de preto de 200.000 euros. O titular de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible declarou que se vai a dar “prioridade” a esta actuación en resposta ás peticións realizadas polos responsables municipais, quen lle puxeron de manifesto as carencias de saneamento que ten o citado núcleo.
A nova infraestructura beneficiará a unhas 800 persoas que residen nesta parroquia, pertencente ao Seixo, un dos núcleos de poboación máis importantes de Marín.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia