A Consellería de Medio Ambiente costeará as obras de mellora de infraestructuras de abastecemento no concello de Vimianzo

Manuel Vázquez afirmou que esta nova rede que a consellería executará a través do seu organismo autónomo Augas de Galicia virá a solventar as carencias de suministro existentes en varios núcleos do concello coruñés. Concretamente, beneficiaranse deste proxecto as poboacións de Grixoa, Petón, Romar, Berdoias e Pedreiro de Arriba e de Abaixo.
Nas vindeiras semanas, técnicos de Augas de Galicia desprazaranse ata o Concello de Vimianzo para poñer en marcha o proxecto definitivo para poder acometer canto antes estas actuacións, que suporán unha inversión de aproximadamente 500.000 euros.
O rexedor foi recibido tamén polos responsables das direccións xerais de Conservación da Natureza, Xosé Benito Reza, e Desenvolvementos Sostible, Emilio Fernández Suárez, con quen analizou a posta en marcha de novos proxectos medioambientais, que se darán a coñecer nas vindeiras semanas.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia