A Consellería de Medio Ambiente colaborará co concello de Vedra na execución de proxectos de saneamento e abastecemento

O rexedor, Odón Casimiro Cobas García, plantexoulle ao titular do departamento autonómico as necesidades que ten o Concello de Vedra en infraestructuras deste tipo. Manuel Vázquez comprometeuse a incorporar, de forma gradual, novas actuacións encamiñadas a mellorar a rede de suministro e alcantarillado da localidade coruñesa. Estos proxectos executaranse a través de Augas de Galicia, o departamento autonómico adscrito á Consellería de Medio Ambiente.
O alcalde coruñés foi recibido tamén polos directores xerais de Conservación da Natureza, Desenvolvemento Sostible e Calidade e Avaliación Ambiental. Con éste último, Joaquín Lucas Buergo del Río analizou a posibilidade de construir un punto limpo para a recollida de residuos domésticos. Asemade, a Consellería de Medio Ambiente analizará tamén o sistema de recollida de lixo que ten implantado na actualidade esta entidade local.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia