Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Radio Oleiros pon en marcha un novo programa de servizo público: ConsumoSentido

“ConsumoSentido” é o nome do novo programa que a emisora municipal Radio Oleiros, incorpora o martes día 6 de setembro, á súa grella semanal. Un espazo dirixido ós consumidores, no que se abranguerán temas como a publicidade enganosa, o sistema arbitral de consumo, a publicidade e a información dos productos, etc…

Este programa informativo e divulgativo pretende ofrecer, como ven sendo habitual na emisora municipal de Oleiros, un novo servizo público poñendo na man dos ouvintes as ferramentas fundamentais en materia do consumo, ferramentas que teñen como común
denominador a información propiamente dita.

A asesora xurídica da Asociación de Consumidores de Oleiros, Ana García Rodiño, será a invitada en tódolos programas que
conducirá Xosé García Pazos, e dos que será responsable técnico Paris Ares.
Carmen Carballo (Comunicación Concello de Oleiros - A Coruña)