Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O delegado do Goberno aplicará as propostas do SLG para mellorar os controis durante a vendima

Á reunión asistiron, por parte da organización sindical, o seu responsábel dos sectores agrarios, Xosé Manuel González Vilas; e o membro da Dirección Nacional do Viño do SLG, Francisco Alonso Fernández.

O SLG transmitiulle ao Delegado a preocupación que existe no sector respecto deste tema e propúxolle as seguintes medidas para que os dispositivos de vixilancia que poña en marcha a Garda Civil melloren:


• Control especial nos pasos fronteirizos e nos límites entre denominacións de orixe.
• Control do transporte de cisternas despois da vendima.
• Realizar inspeccións de xeito aleatorio, que inclúan tamén horarios nocturnos, para que o dispositivo de control sexa realmente visíbel e disuasorio.

Manuel Ameijeiras amosouse moi receptivo con estas propostas, e asegurou que “de xeito inmediato” llas comunicará ás subdelegacións do Goberno pertinentes e aos mandos responsábeis da Garda Civil responsábeis do operativo.
Gabinete de Comunicación do Sindicato Labrego Galego (SLG)