Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Adxudicado o equipamento da nova sala da Aula Multimedia

Co equipamento desta nova sala complétase o contido da Aula Multimedia do Concello de Ponteareas ubicada no Centro de Desenvolvemento Local que na actualidade posue xa operativa a sala web e que agora con esta nova instalación rematará a súa montaxe.
Cada Aula Multimedia está formada por dúas salas: unha sala audiovisual e unha sala web. A Sala Audiovisual disporá de equipos informáticos, sistemas de proxección, equipos de imaxe e son e equipos de videoconferencia. Estas salas están pensadas para permitir a transmisión de eventos relevantes, presentacións, cursos, etc., que se poderán seguir desde calquera outra aula multimedia.

A Sala Web está formada por equipos informáticos e equipos de videoconferencia. Permite o acceso a Internet de alta capacidade, Vídeo baixo demanda, acceso a contidos culturais e acceso á AGI e ás súas aplicacións.

O obxectivo desta Rede de Aulas Multimedia, que promove a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, é facilitar a tódolos cidadáns de Galicia, tanto os que viven nas cidades coma os que viven no medio rural, o acceso ás novas tecnoloxías da información e das comunicacións, posibilitando así a súa adaptación ós novos modelos relacionales, de información, formación cultural e profesional que emerxen da Sociedade da Información.

Manuel Alberto Novoa Iglesias, concelleiro de desenvolvemento local, espera que axiña poda estar operativa esta nova sala para que os veciños de Ponteareas dispoñan deste novo equipamento que completa a importante aposta que a prol das novas teconoloxía leva adiante o Concello de Ponteareas.
Concello de Ponteareas