Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

130 atletas participan no XVI Triatlón Concello de Oleiros que se celebra o 10 de setembro

Un total de 130 atletas participarán na XVI edición do Triatlón “Concello de Oleiros”, que se celebra o sábado día 10 de setembro, ás 16,00 horas na localidade oleirense de
Mera. Federados e populares farán as distancias de 500 metros en natación, 22 quilómetros en ciclismo e 5 quilómetros en carreira, para conseguir levarse os premios establecidos.

O Triatlón de Oleiros, xunto có de Allariz, é o máis antigo de Galicia, sendo a diferencia entre ámbolos o feito de que en Oleiros, non se cobra a inscrición e se agasalla ós participantes con alimentos e bebida, ademais dunha camiseta conmemorativa do evento deportivo. Esta é a primeira vez que se celebra en Mera –habitualmente facíase en Santa Cruz-, e as actividades estarán acompañadas por
outras de carácter lúdico, xa que a música fará acto de presenza, xunto co churrasco e o mexillón, no escenario da Lagoa de Mera, que é de onde partirá a carreira e a meta establecida.

Na organización do Triatlón participan o Club Triatlón Coruña e o Club atletismo Coruña-comarca.

A fin de semana, o IV Trofeo de Balonmán


A fin de semana, sábado 10 e domingo 11, terá lugar tamén o IV Trofeo de Balonmán “Juan de Dios Román” Concello de Oleiros, coa participación dos equipos da 2ª división estatal BM Base Oviedo, BM Pereda de Cantabria, BM Carballo e BM Oleiros. O horario de disputa destes partidos (enfróntase o BM Carballo co BM Base Oviedo categoría sénior, ás 6 da tarde, e ás 8, o EPAAT Oleiros co BM Pereda, no Pavillón Municipal Valle Inclán.

Aproveitando a celebración deste Trofeo, as categorías
inferiores de cadete e xuvenil do Balonmán de Oleiros, celebran tamén partidos amigables contra dos equipos participantes no torneo absoluto, no que participará tamén un equipo que non forma parte do mesmo, como é a Sociedade Deportiva Teucro de Pontevedra.

Estes equipos comezarán a disputar os amigables dende o
venres día 9, celebrándose ás 6 da tarde o EPAAT Oleiros-BM Pereda cadete feminino-, e ás 8 da tarde os mesmos equipos pero de cadete masculino; será no pavillón de Santa Cruz, o mesmo no que o sábado día 10 se disputará ás 10 da mañá o partido entre o AD Xiria – BM Pereda –cadete feminino-, ás 12 os mesmos equipos pero de cadete masculino; ás 4 da tarde será o EPAAT Oleiros contra a S.D. Teucro en xuvenil
masculino, e ás 6 da tarde o BM Pereda contra o BM Base Oviedo, todos eles no Pavillón de Santa Cruz.

Xa o domingo 11, ás 10 da mañá, enfrontaranse os equipos que queden en 3º e 4º posto de xuvenil masculino en Santa Cruz, onde tamén ás 12 do mediodía xogarase a final desta categoría. Ás 11 da mañá no Valle Inclán, enfrontaranse os sénior que queden en 3º e 4º posto, xogándose a final á 1 da tarde no mesmo pavillón. Será neste tamén, o Valle Inclán, onde ás 14,30 horas se entreguen os trofeos de xuvenil masculino e sénior, entrega na que estará presente tanto o alcalde de Oleiros Ángel García Seoane, como o concelleiro de Deportes, Antón Tenreiro.
Carmen Carballo (Comunicación Concello de Oleiros - A Coruña)