Medio Ambiente tramita a declaración de impacto ambiental do futuro parque eólico de Viveiro

O rexedor, que foi recibido por Manuel Vázquez na sede de Medio Ambiente en Santiago, estableceu tamén ao conselleiro diversos proxectos ambientais, como a construcción dun empresa especializada no reciclaxe e reutilización de compoñentes de computadoras. Este proxecto, presentado polo Concello de Viveiro ante as consellerías de Medio Ambiente e Traballo, pretende responder a criterios de desenvolvemento sostible, segundo explicou Melchor Roel.
O conselleiro manifestou ao alcalde de Viveiro a súa disposición a colaborar no financiamento futuro dun proxecto para ampliar a rede de saneamento de auga deste municipio lucense que permita evitar vertidos incontrolados.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia