Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O SLG valora de xeito positivo os acordos acadados na Mesa do Viño do Ribeiro

Aínda que este apoio está pendente de obter o referendo da asemblea da súa afiliación na zona, o SLG ve positivas as medidas anunciadas, que se enumeran de seguido:
• Compromiso de recoller toda a uva branca e vontade de tentar recoller a tinta.
• Compromiso de pagar as uvas brancas de caste entre 1’10 e 1’25 euros o quilo, e a Torrontés entre 80 e 90 céntimos, cunha gradación base de 10’5º; e a Xerez branca entre 52 e 55 céntimos, e cunha gradación base de 9’6º.
• Compromiso de convocar novas reunións da Mesa do Viño antes de que pasen dous meses despois da vendima para dar un novo pulo a estes acordos e facelos de xeito contractual con vistas ao ano 2006.
Para o SLG, os compromisos adoptados, con prezos dignos para a uva estipulados antes da súa recollida, e coa vontade firme de mercar toda a produción, é un grande avance con respecto a vendimas anteriores; non embargante, o SLG segue mantendo como unha reivindicación irrenunciábel que en todas as denominacións de orixe galegas se garantan eses prezos xustos e a recollida da uva a través de contratos homologados. Neste senso, a Mesa do Viño prevista para finais do outono no Ribeiro pode supor un gran paso cara a adiante.
Gabinete de Comunicación do Sindicato Labrego Galego (SLG)