Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Alumnos de 26 colexios e de nove municipios (de eles, 6 de Ponteareas) participan no programa de astronomía organizado pola Deputación Provincial e Ceo Aberto

O programa posibilitará que este ano se celebren sesións en 26 colexios das comarcas do Salnés, Val Miñor; do Condado, Vigo, Caldas, Pontevedra, Paradanta e do Deza. As datas de celebración serán concertadas os vindeiros días entre os colexios e os organizadores. Non obstante, a experiencia celebrarase nos seguintes centros:
En Ponteareas: no CEIP Feliciano Barrera, no CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera, no CEIP Santiago Oliveira, no CEIP Nosa Señora dos Remedios, no CEIP Fermín Bouza Brey, e no CRA Ponteareas; en Redondela: no CEIP Porto Cabeiro, no CEIP Quintela, no CEIP Laredo, no CEIP San Vicente-Trasmañó, e no CEIP Cedeira.En Salceda de Caselas: no CEP Parderrubias; no CIP Altamira; En Tomiño: o CEIP Pintor Antonio Fernández, no CEIP de Tebra, no CEIP de Sobrada, no CEIP de Barrantes; En Vilanova de Arousa: no CEIP Sestelo-Baión, no CEIP Xulio Camba, no CEIP de San Roque, no CEIP Viñagrande-Deiro e no CEIP de San Bartolomé. Tamén no CEIP de Agolada; no CEIP Antonio Carpintero de Arbo; no CEIP Amor Ruibal de Barro; no CPI Progreso de Catoira.
O proxecto consiste na instalación dun planetario de tres metros de alto e cinco metros e medio de diámetro que pode dar cabida a trinta alumnos como máximo en cada sesión. Nunha xornada escolar pódense desenvolver ata cinco sesións que son impartidas a viva voz e complementadas con imaxes reais do sistema solar, adaptadas ó nivel escolar dos diferentes rapaces. Os protagonistas son sempre os alumnos que participan activamente na observación do ceo que se realiza grazas a un proxector especial denominado goto. Esta iniciativa pretende ser un complemento á ensinanza de primaria e secundaria. Os encargados de impartila son expertos pedagogos e científicos que explican cómo varían as noites e o ceo no transcurso dun ano, as constelacións, ou cómo orientarse a través das estrelas.

Gabinete de Comunicación Concello de Ponteareas