Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, analizou con Rego e Iglesias a dispoñibilidade de solo produtivo en Santiago con especial atención ao polígono da área empresarial loxística de A Sionlla

A Conselleíra de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, mantivo un encontro co tenente de alcalde, Nestor Rego, e co concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, para analizar cuestións relacionadas con ambas administracións en particular en materia de solo empresarial.

Neste sentido, abordouse a importancia de sacar adiante, á maior brevidade, o que será o polígono Area Empresarial Loxística de A Sionlla, dada a escasez de solo produtivo no Concello de Santiago en relación á demanda. Así, para a Consellería será prioritario este proxecto, que suporá a posta no mercado de 1,5 millóns de metros cadrados de solo, que permitiría a instalación de novas iniciativas empresariais e a ampliación doutras xa existentes.

Igualmente, Táboas analizou con Rego e Iglesias a situación das restantes actuacións previstas, como á referida ao parque empresarial de Lavacolla, ou a pensaba para ser ubicada en Bando denominada Cidade da Imaxe e Novas Tecnoloxías, xa que está concebido con esa finalidade.


No encontro tamén estivo presente o director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Daniel Pino.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia