Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Anacos de Buxo, de Nigrán, acada o primeiro premio do XXXVIII Concurso de Gaitas de Ponteareas

O segundo premio “Grupo de empresas Regino Giraldez Boo” foi para o grupo de gaitas “Laghareu” de Santa Uxía de Ribeira – A Coruña e que está dotado con 1.200,00 Euros.
O terceiro galardón acadouno o grupo “Luvas verdes” de Fene – A Coruña que levouse o premio “Irmáns Rodríguez Sobral” dotado con 900,00 Euros.
Finalmente o premio “Concello de Ponteareas” cunha dotación de 600,00 Euros foi otorgado ao grupo “Fonte Soairas” de A Coruña.
Tamén o xurado adxudicou o premio á mellor percusión ao grupo “Luvas verdes”.
O xurado desta edición estivo integrado polos seguintes profesionais:
Ivan Costa Blanco, gaiteiro e mestre de música
Antonio Gutierrez Pereira, gaiteiro e director da banda de gaitas “Tremiñado”
Marcos Campos Pereira, gaiteiro
Anxo Lorenzo Álvarez, gaiteiro e músico do grupo “Espirito 986”
Dolores Fernández Parada, percusionista.
No decurso deste Concurso de Gaitas, que contou coa presenza de numerosos afeccionados á musica popular galega, e seguindo o costume creado hai algúns anos, realizouse unha homenaxe postuma a Avelino Groba Ucha, gaiteiro de Cristiñade (1923-2003), entregándolle o Alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, un diploma conmemorativo pola sua contribución á difusión da musica popular galega aos seus familiares. Con este acto o Concello ponteareán lembra cada ano a unha figura desta terra que ten salientado pola súa contribución á promoción da nosa música tradicional.
O Concelleiro de Cultura, Francisco Davila Solla, manifestou a súa felicitación aos gañadores desta nova edición do Concurso de Gaitas de Ponteareas que nun ano máis acadou un importante nivel de calidade nos grupos participantes e contribuiu de novo á promoción e dignificación da música tradicional de Galicia.
Concello de Ponteareas