Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O departamento de Cultura impulsa as XV Xornadas Filosóficas de Vigo, que teñen lugar do 18 ao 21 de outubro

Do 18 ao 21 de outubro, o salón de actos da Fundación Caixa Galicia acolle a XV edición das Xornadas Filosóficas, promovidas por esta entidade e o Concello de Vigo e que terán lugar baixo o título “A realidade humana: problemática actual da persoa”.
No acto de presentación deste ciclo, organizado pola asociación Aletheia, o concelleiro de Asuntos Sociais Ignacio López-Chaves Castro animou aos cidadáns vigueses a participar neste evento, porque “un pobo que non pensa é un pobo sen futuro”.
“Vivimos nunha cidade moi activa, pero hai que pararse a pensar sobre a realidade humana”, suliñou o concelleiro, ao tempo que recordou que a inscrición é gratuita.

Pola súa banda, o vicepresidente do grupo Aletheia Emilio García Bonome asegurou, durante a presentación das Xornadas, que a calidade intelectual dos conferenciantes deste ano fai que o programa sexa dun “altísmo nivel”, ademais de “compensado” e “atractivo para o público en xeral”.

Sinalou ademais que nas xornadas tratarase de dar resposta as preguntas tan frecuentes no pensamento filosófico como son “¿Quenes somos? ¿De onde vimos? e ¿Cara a onde imos?”.

O martes 18 de outubro, despois da apertura das XV Xornadas, o catedrático de Ética Camilo José Cela Conde falará, a partir das 17.00, dos “Correlatos entre as estructuras cerebrais e a conducta moral humana”, nesta segunda intervención neste ciclo. O mesmo día, ás 19.00 horas, Eduald Carbonell, codirector das excavacións de Atapuerca, desenvolverá a súa conferencia “Evolución social e desenvolvemento tecnolóxico”.

O director do departamento de Neuroanatomía do CSIC e colaborador da NASA Javier De Felipe abrirá a xornada do mércores 19 ás 17.00 horas, para impartir a conferencia “O cerebro humano: aspectos comparativos”. Ás 19.30 horas será Jesús Mosterín, “seguramente o filósofo español máis coñecido internacionalmente na actualidade”, segundo Emilio García Bonome o encargado de falar da relación entre humanidade e bioética no relatorio “Natureza humana e xenoma humano”.

O xoves 20, a partir das 17.00, o director das excavacións de Atapuerca e na actualidade a principal referencia en España no seu campo de investigación José María Bermúdez de Castro impartirá unha conferencia titulada “Evolución humana: dieta, dentes e cerebro”.
Segúndo Bonome, a presenza de Bermúdez de Castro nas Xornadas é “un privilexio”, dado o seu gran recoñecemento internacional. Tamén o día 20, pero ás 19.30 horas, falará un dos principais teóricos da linguaxe a nivel mundial e profesor en Edimburgo, Tecumseh Fitch nunha conferencia que leva por título “Evolución da linguaxe: Unha aproximación comparativa”. Este relatorio contará con traducción simultánea do inglés.


Finalmente, o venres 21 o especialista no filoósofo grego Aristóteles, Tomás Calvo, impartirá a partir das 17.00 horas a conferencia “A natureza humana en Aristóteles”. Ás 20.00 horas, a etnoetóloga e primatóloga Carmen Maté falará, na última conferencia das Xornadas, sobre “A conducta dos homínidos”. Como directora do departamento de Investigación e Educación do Parque Zoolóxico de Barcelona, onde atendeu ao famoso Copito de Nieve, Maté é especialista no estudo das circunstancias de calidade e benestar dos animais en cautividade.

Todas as conferencias, de entre unha hora e unha hora e media de duración, estarán seguidas dun coloquio.

O grupo Aletheia, organizador destas Xornadas nas que teñen participado un total de 67 profesores, naceu hai vinte anos, co obxectivo de divulgar o pensamento de carácter filosófico e científico na cidade de Vigo.
Departamento de Cultura do Concello de Vigo