Oleiros probou un sistema de eliminación de cheiros con tecnoloxía de neutralización
O concello de Oleiros convidou ós concelleiros de Medio Ambiente da comarca coruñesa, á demostración que tivo lugar na Nave de Servizos Municipais, acto no que se amosou un novo sistema de eliminación de cheiros aplicable a depuradoras, matadoiros e outros puntos de produción que emiten estes cheiros. Un sistema baseado nas máis modernas tecnoloxías que unha empresa de consultoría medioambiental especializada na problemática dos contaminantes gaseosos odoríferos de orixe orgánica e inorgánica, e no abatemento do pó, leva a cabo. A tecnoloxía da neutralización e control de contaminantes “vía húmida”, é coñecida como Tecnoloxía DST ou “Desotec”, que é o nome da empresa promotora deste sistema.
Esta tecnoloxía baséase principalmente nun atrapador molecular, neutralizante dos malos cheiros, así como da súa aplicación mediante distintos sistemas de difusión e nebulización, logrando eliminar das correntes gaseosas olorosas as partículas xeradoras do mal olor dun xeito respectuoso co medio ambiente, tal e como se comprobou nesta demostración. A aplicación desta tecnoloxía logrou maiores efectividades que outros procedementos tradicionais moi onerosos en investimento e mantemento, provocando a substitución destes procedementos polo DST. Xa está comprobado que esta tecnoloxía logrou a eliminación do cheiro en instalacións como vertedoiros, estacións depuradoras de augas residuais, plantas de compostaxe, plantas de fabricación de fariñas proteínicas, matadoiros, industrias do curtido e outras.
No acto de demostración, realizouse unha proba de desodorización na planta de tratamento que hai no concello, dentro do recinto dos Servizos Xerais, coa intención de evitar as emisións odoríferas. Instalouse un micronizador xigante na depuradora, para que se puidesen comprobar os resultados do mesmo, comprobación que se constatou in situ.
De interese foi tamén un novo sistema de limpeza, a través da substitución de microorganismos, dos contedores de lixo. Unha especie de máquina ‘sulfatadora’ espalla polo interior do contedor, cando acumulou os malos cheiros do lixo orgánico, uns microorganismos que matan os cheiros e quedan fixados por un espazo de tempo importante na superficie do interior do mesmo, evitando durante un período considerable de tempo os seus malos cheiros. Un sistema que a xuízo dos concelleiros de Ensino e Educación Medioambiental, Xabier Álvarez Costoya, e de Servizos Municipais Ignacio Taboada, resulta interesante e susceptible de ser analizado polo, alomenos, o concello de Oleiros, único que estivo presente nesta demostración dada a súa ocupación e preocupación para evitar a propagación de malos cheiros á poboación.

Carmen Carballo (Comunicación Concello de Oleiros - A Coruña)