A Biblioteca Municipal acolle A Estafeta do Conto cos escritores Paco Martín e Anabela Mimosa
Esta actividade está organizada pola Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia; este programa da “Estafeta do conto” se desenvolve en oito bibliotecas galegas e outras tantas portuguesas coa finalidade de dar a coñecer a literatura galega e portuguesa nos respectivos paises por medio das maletas viaxeiras e o contacto co mundo do conto a través dos escritores. Dous equipos de escritores de literatura infantil, un galego e outro portugués, elaboraran candansúa historia en colaboración cos rapaces das bibliotecas galegas e portuguesas seleccionadas.
Anabela Mimoso é profesora de ensino secundario e docente de literatura infantil. Colaborou no suplemento infantil-xuvenil “Barquinhos de papel” do Gaia Semanario, foi autora e presentadora do programa “O cantinho da pequenhada” en Radio Clube Gaia e coordinou a paxina “Ensino e educaçao” do xornal Contemporâneo. Ten publicados diversos libros para nenos, entre os que salientan “O tesouro da moura”, “Dona Bruxa gorducha” (distinguida pola revista Whiteravens), “Um sonho à procura de uma bailarina”, “Caloira!” ou “Tuta – Historisa de uma tartaruga”.
Paco Martín (Lugo, 1940) posue unha dilatada traxectoria nos campos da educación e da escritura para nenos e mozos. A moitos lles resultará familiar o libro “Das cousas de Ramón Lamote” un dos máis afamados da súa autoria co que obtivo o Premio Nacional de Literatura. Foi director do suplemento Axóuxere - Semanario do neno galego- publicado no xornal La Región de Ourense nos anos 1974-1975. Ten sido membro do consello de redacción de “A trabe de ouro” e columnista periódico en El Progreso de Lugo e Diario de Pontevedra. Participou en multitude de volumes colectivos, conferencias, relatorios en Congresos, colaboracións en prensa, radio, TV, Pregóns, etc. Conseguiu os premios Santiago de T.V.E. 1987 e "Puro Cora" de periodismo 1994. É sen dúbida un dos mellores e máis prolíficos autores de libros para nenos en lengua galega.

Concello de Ponteareas