O concello de Oleiros retirará os anuncios e publicidade colocada indiscriminadamente nos espazos públicos
O concello de Oleiros procederá a retirar dos espazos e mobiliario público –rotondas,
farolas, postes, etc...- todos aqueles carteis e outros formatos que impliquen publicidade, letreiros ou anuncios divulgativos, aplicando así a Ordenanza de Limpeza que rexe no concello dende o pasado 1 de xuño.
Esta ordenanza de limpeza esixe ós veciños e veciñas do termo municipal a correspondente tramitación de solicitude no Rexistro Xeral do concello, para todo aquel caso no que desexen instalar nun inmoble ou espazo público un letreiro anunciador, así como pancartas e demais
elementos propagandísticos. A propia Deputación Provincial foi xa requirida –e mandaráselles unha última notificación- para que retiren as vallas que teñen instaladas nos terreos do Inef-Galicia. As concellerías de Réxime Interior e Turismo, a través da de Servizos Municipais, retirarán tamén as pancartas do Plan Galicia emprazadas en
varios puntos do concello, así como toda aqueloutra propaganda para a que non foi tramitado o permiso, e mesmo se atopa situada en lugares que propician unha seria alteración da estética urbana que se pretende en Oleiros, e que se preserva na devandita Ordenanza.
A mesma actitude terase cos vehículos que se atopan na vía pública e que se ‘autoanuncian’ á venda como de segunda man: estas actuacións non só non son permitidas senón que ademais, son sancionables no regulamento da Ordenanza de Limpeza, polo que o concello de Oleiros fai un chamamento á cidadanía para que se absteña de utilizar os espazos e mobiliario público como plataforma publicitaria.

Carmen Carballo (Comunicación Concello de Oleiros - A Coruña)