Teresa Nieto, Premio Nacional de Danza de 2004, abre a programación de Outono en Tui

Teresa Nieto, Premio Nacional de Danza de 2004, presenta en Tui “Consuelo” un espectáculo no que explota, funde e reinventa a paixón dunha muller na súa madurez. No escenario canda ela van estar os bailaríns Jesús Caramés e Claudia Faci.
Teresa Nieto posúe unha longa e dilatada traxectoria que comeza no seu Tánxer natal onde compaxinou os seus estudos de danza española, danza clásica, solfexo e teatro. Prosegue a súa formación en Madrid a partir do ano 1979 con mestres coma Teresa Trujillo, Carl Pris, Christine Tanguay, Víctor Ullate ou Carmen Roche.
Dende entón a súa experiencia profesional repártese entre o seu traballo coma mestra, coreógrafa, e bailarina. Entre os anos 1986 e 1990 salienta a súa participación coma bailarina na Compañía Bocanada de María José Ribot e Blanca Calvo, e a súa colaboración con coreógracos coma Carl Paris, Margaret Jova, Denise Perdikidis e Iñaki Azpillaga.
Foi en 1990 cando Teresa Nieto presentou “Danza Breve”, o seu traballo como “Teresa Nieto en Compañía”. Peza a que lle seguiron “Dos veces breve”, “Calle del Cordón”, “Mano a Mano”, “Patio de Luces”, “Tórtola”, “La Mirada”, “El último café”, “A pedir de boca” , “Isla” e “Tánger”.
Ten desenvolvido unha inxente labor docente en centro coma o de Danza Víctor Ullate, na Compañía Flamenca de Antonio Canales e no Ballet Nacional de España baixo a dirección de Aída Gómez e Elvira Andrés. A todo elo se suman colaboracións coma a realizada co grupo Mecano coa coreografía e interpretación do video-clip de “Hijo de la Luna”.
No seu haber son numerosos os premios recibidos ao longo da súa carreira coma o Premio de Cultura da Comunidade de Madrid en 2002 ou Nacional de Danza en 2004.
Teresa Nieto chega agora aos escenarios, catro anos despois dos seus espectáculo “Tánger” e “Isla” con “Consuelo” unha renovada produción dramaticamente máis ambiciosa e madura. Poremos disfrutar desta nova aposta este venres ás 21.30h no Teatro Municipal de Tui. O prezo da entrada é de 6 euros, e as localidade poderán retirarse o propio venres a partir das 4 da tarde na billeteira da Área Panorámica.
Concellería de Cultura, Comercio,Turismo e Medios de Comunicación
Excmo. Concello de Tui
Excmo. Concello de Tui