Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Servizos Sociais e a Federación de Anpas convocan unha nova Escola de Nais e Pais

A creación desta actividade formativa ven dada polo feito de que en numerosas oportunidades as familias se atopan diante de situacións, no proceso de educación dos seus fillos, nas que as súas experiencias e coñecementos non abondan para este labor e precisan de axuda e asesoramento para reorientar o xeito de abordar a educación dos seus fillos e fillas. Amáis este tipo de “Escolas de nais e pais” posibilitan un enriquecedor intercambio de experiencias entre as diversas familias, constituindo así un punto de encontro entre pais e nais.

Xa o pasado ano desenrolouse esta experiencia cos pais e nais dos rapaces de secunaria e neste ano a convocatoria está dirixida aos proxenitores con fillos no ensino primario. Esta Escola estará impartida pola sicóloga Isabel Romero e a educadora familiar, Begoña Vázquez. Se inicia o xoves 27 de outubro e consta de seis sesións, rematando o 1 de decembro. O horario desta Escola será de 18,15 a 19,45 horas e desenvolvéranse as súas sesións no Centro de Servizos Sociais de Ponteareas.

As personas interesadas en participar nesta actividade de formación poden dirixirse á Federación de Anpas ou ás diversas Asociacións de Nais e Pais dos centros educativos de Ponteareas.

Para a concelleira de servizos sociais, María Nava Castro Domínguez, o alto interese de esta iniciativa faina merecente de contar co apoio municipal pois trata de respostar a unha importante demanda social e deste xeito se incrementan as intervencións no ámbito familiar que promove a devandita concellería.
Concello de Ponteareas