Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O director de Portos de Galicia comunicou a García Seoane o interese nos portos deportivos de Mera e Lorbé

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, entrevistouse co Director de Portos de Galicia, Vicente Irisarri, a quen lle manifestou o interese e a importancia da construcción dos Portos Deportivos de Lorbé e Mera, ámbolos proxectos denegados polo anterior equipo de goberno autonómico a través duns informes emitidos desfavorables á construcción. García Seoane informou ó director xeral da situación do planeamento de Oleiros respecto á previsión destas instalacións portuarias en ámbalas localidades. Lembroulle tamén que a anterior Xunta de Galicia ocultáranse, a través dos devanditos informes desfavorables, os estudios entregados polo alcalde de Oleiros no seu día, para a construcción dos Portos.

O director Vicente Irisirarri manifestou ó rexedor
oleirense o interese do seu departamento por dotar a Oleiros nun futuro próximo, das instalacións portuarias obxecto da xuntanza. O alcalde comprometeuse así, a reflectir nos documentos do Plan Xeral de Oleiros as zonas que se prevén para as citadas instalacións, dado que a Dirección de Portos -que será a entidade encargada de facer realidade estes proxectos- definirá no seu momento o modelo de Porto a realizar.
Carmen Carballo (Comunicación Concello de Oleiros - A Coruña)