Hoxe presentouse o primeiro acto paralelo á celebración da Volvo en Vigo

Ao acto de presentación do evento, que tivo lugar no hotel Bahía de Vigo, asistiron os representantes do grupo Gadisa así como Domínguez Olveira e a concelleira de Deportes viguesa, Lucía Molares. O centro do ocio, que se presenta co lema “Todos a bordo”, consiste nunha carpa de 800 metros cadrados, na que terá cabida una pista de xeo, una zona de xogos infantís inchables, sala de exposición e unha zona de catering. O grupo Gadisa invitará a 5.000 escolares de Vigo e a súa área de influencia a gozar das actividades de la carpa -en horario de mañá-, mentres que 60.000 clientes de ditos establecementos serán premiados con invitacións para estas instalacións no momento de faceren a súa compra.
O director xeral para o Deporte destacou a implicación desta empresa nos actos da cidade de Vigo e anunciou que é o primeiro acto dos moitos que celebrarán coincidindo coa saída da Volta. Iso si, Domínguez Olveira non quixo adiantar os planes, aínda que si sinalou que “haberá un estreo mundial dunha película, así como actos culturais importantes”.
Milagrosa Alonso