Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Mercado + Foro + Mostra da industria audiovisual, abren a porta ás producións non comercializadas de Galicia: Factory 05

Nova Factory 05 foi presentado polo alcalde, Ángel García Seoane, o concelleiro de Turismo Antón Tenreiro, o deputado provincial de Promoción Económica Pablo Villamar, e os responsables da Produtora Mr. Misto, quen informaron do orzamento que abranguerá este evento: 70.000 euros, dos que 40.000 foron aportados pola área de Promoción Económica da Deputación Provincial, e o resto será aportado polo propio concello de Oleiros, e as empresas patrocinadoras que día a día se van sumando co seu espónsor.

O deputado Pablo Villamar eloxiou esta iniciativa do concello, “algo que non é novo, xa que non é a primeira innovación que achega Oleiros á sociedade galega e con gran transcendencia, e apoiámola porque consideramos que é fundamental apoiar á industria cultural que supón o audiovisual galego, toda vez que ademais de ser cultura, é economía na medida que xera postos de traballo e riqueza para o país”.

García Seoane agradeceu estas felicitacións, e afirmou que o concello de Oleiros promobe esta iniciativa dentro da súa liña de apoio e compromiso con tódalas actividades que impliquen fomentar e defender as liñas de actuación que enriquecen a toma de conciencia, a sensibilización social e a difusión de todas aquelas mensaxes transmitidas nos distintos soportes de comunicación –neste caso o audiovisual- que converxan nos principios devanditos. Por iso, Oleiros é o mellor escenario para desenvolver este Factory 05 nos derradeiros días do outono deste ano.


Motivación para o Nova Factory


Cada 5 minutos inaugúrase un novo Festival de cine no mundo. Unha cifra que debera levar á reflexión, sobre todo cando se fala da crise do sector cinematográfico. Pero, realmente, existe a crise?

En Galicia existen máis dun cento de empresas productoras e máis de 500 se falamos de entidades relacionadas co sector audiovisual (iluminación, montaxe, catering…), e sen embargo cántas delas coñecemos?

O noso descoñecemento é maior se pensamos nos produtos audiovisuais que cada ano se levan a cabo. Lonxe das longametraxes que acceden ás salas comerciais e dos productos que vemos por televisión, non coñecemos en absoluto o volume de historias, contos, narracións e todo tipo de proxetos que ano a ano nutren os caixóns das videotecas e arquivos institucionais.

NOVA FACTORY: Mercado + Mostra + Foro, tres patas dunha mesma mesa. Unha plataforma dedicada á promoción é á distribución de filmes que polo seu carácter innovador e comprometido non atopan un lugar nas principais canles de distribución tradicionais. Unha plataforma onde teñan cabida aqueles productos e proxectos que se realizan no marco das nosas fronteiras e máis alá, e ás que non accedemos por falta de vías de distribución e apoio.

Máis alá dun Festival ó uso, Nova Factory é un lugar de encontro para cineastas, produtores, programadores e distribuidores independentes, un espazo de interrelación, de intercambio de impresións e, por qué non, de mercado audiovisual.

Produtoras de curtametraxes ou documentais, televisións locais, proxetos autónomos de concellos… un sen fin de experiencias e produtos que non atopan unha vía de distribución no mercado. Ideas e propostas novidosas que ampliarán o termo “sector audiovisual” a cotas máis altas.


Desde as últimas novidades en cámaras dixitais ate o productor independente que realiza unha longametraxe sen maior axuda que as súas propias mans. Todo isto constitúe a base do sector audiovisual. Sen embargo, estas experiencias non se reflicten na realidade, nin no día a día, xa que falta a conexión co mundo real. Ese é o espazo que vén a cubrir o Mercado Audiovisual de Nova Factory.

Un espazo alternativo, diferente, comprometido

Un espazo en busca de novas ideas, novas propostas, novas experiencias que enriquezan o sector audiovisual. Unha factoría de soños, de historias, nunha palabra, de cine. Un espazo de programación multidisciplinar no que se intercalarán proxeccións de filmes coas presentacións de proxetos e ideas innovadoras, foro audiovisual por parte de profesionais, coloquios con cineastas, distribuidores ou programadores, igual que actuacións en directo e outras seccións paralelas.
Carmen Carballo (Comunicación Concello de Oleiros - A Coruña)