Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Oleiros celebrará en febreiro de 2006 o Festival Galego de Cabaret

Oleiros aposta polo Cabaré, e non en van, en febreiro prepara o que será o 1º Festival que se celebrou nunca en Galicia. O concello de Oleiros en colaboración co colectivo “3º Pé. Andar Creativo”, a través da concellería de Cultura, Turismo e Normalización Lingüística, está a traballar na organización dun festival de cabaré. Trátase dun proxecto pioneiro no noso país e consistirá na proxección dunha semana aricada integramente ó mundo do cabaré e, especialmente, o seu desenrolo no eido galego.

O festival, que terá unha proxección nacional, incluirá obradoiros formativos, charlas e conferencias ademais de espectáculos relacionados co xénero.

Así mesmo, tentarase recrear o máximo posible os ambientes, atmosferas e escenarios propios do mesmo co fin de trasladar ó espectador multitude de sensacións que enchan e envolvan de maxia e sentimento cada unha das actuacións a celebrar.

Dado que estamos a falar da temporada de inverno, tentaranse centraliza-los espectáculos nas fins de semana de cara a ofrecer eventos con máis contido e garantir o éxito e a asistencia dun maior número de público
Carmen Carballo (Comunicación Concello de Oleiros - A Coruña)