Touriño asegura que o Goberno do cambio centrará os seus orzamentos na modernización económica e na cohesión social e territorial do país
O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Toruiño, asegurou que o Goberno galego aprobará “en tempo e forma” o anteproxecto de Lei de Orzamentos para 2006 e que o seu deseño “responderá ao compromiso adquirido no Debate de Investidura en torno á modernización económica, a modernidade política, e a cohesión social e territorial do país”.
Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Touriño expuxo que o Goberno galego está “a traballar na elaboración do anteproxecto de Orzamentos” que se aprobará no vindeiro Consello. Así mesmo, indicou que “haberá un novo orzamento” e que, aínda que este é “un Goberno que tomou posesión o pasado 3 de agosto”, non renuncia a ter un orzamento propio”, da “nova etapa que se abre en Galicia”.
“Non vamos a optar pola prórroga, pola continuidade dos orzamentos do PP”, -explicou o presidente da Xunta-. Non haberá continuidade. Haberá un novo orzamento, do Goberno de Cambio”, concluíu.
O titular da Xunta quixo matizar que aínda que con vontade renovadora, os Orzamentos para 2006 serán “de transición, na medida en que é sobre a base da herdanza recibida e coa marxe de manobra que hai” tendo en conta as limitacións temporais.
Touriño destacou que se está a traballar para elaborar un anteproxecto que “responda aos criterios e directrices política marcadas no Debate de Investidura e na liñas mestras que queríamos poñer en marcha para o país”.
"Galicia será a que definamos entre todos
Ante a posta en marcha do proceso de reforma estatutaria, o xefe do Executivo galego declarou que “Galicia será o que definamos entre todos”. Touriño asegurou que “así é en Democracia” e remitiuse ao exemplo da aprobación do anterior marco estatutario e da Carta Magna. “Cando aprobamos a Constitución ou o Estatuto –explicou- os grupos parlamentarios do momento, a soberanía, decidiron o que eramos”. Neste sentido, dixo que “se agora o queremos revisar, o teremos que definir entre todos”.
Así mesmo, o xefe do Executivo autonómico reiterou que “a vontade do Goberno é non poñer condicións previas” na negociación e ceder “o protagonismo” neste proceso “ás forzas políticas, nos grupos parlamentarios”.
Tamén remarcou que “o “Estatuto hai que acordalo” e que “o que importa en Galicia é poñer en marcha a ponencia parlamentaria con vocación de buscar un acordo e actuar dentro do marco constitucional”. Neste contexto, Touriño instou ao Partido Popular a que non “se autoexclúa” do proceso e “que entenda a mensaxe dos cidadáns que votaron polo cambio” o pasado 19 de xuño.
Investimentos en infraestructuras
Respecto das obras relativas do AVE, o titular da Xunta anunciou que o Goberno galego “estará encima, presionará” e desenvolverá unha “cooperación activa” cos Ministerios de Fomento e de Medio Ambiente para tentar “axilizar” e “desbloquear” as “obras estratéxicas para o país” que están en fase de proxecto ou de impacto ambiental. Segundo dixo, moitas delas “levan demasiado tempo nestas fases” e impiden que se podan “consumir os recursos” no desenvolvemento das obras.
O xefe do Executivo explicou que esta “cooperación activa” consistirá no establecemento dunha mesa continua de traballo co Goberno do Estado para “facer un seguimento semanal das obras e dos proxectos”.
“Vamos a facer –insistiu- un seguimento semanal, mensual, da marcha de cada proxecto, de cada tramo da rede de Alta velocidade en Galicia e dos principais eixes de comunicación viaria, da Autovía do Cantábrico, fundamentalmente”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia