Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Profesores e alumnos do Conservatorio Superior de Música de Vigo participan no concerto Semblanza de Soutullo

Os interpretes que participan neste concerto son personas dunha ampla traxectoria como profesionais de música e que ofrecerán en Ponteareas un extraordinario concerto en lembranza de Reveriano Soutullo.
Os profesores que participan neste concerto son os seguintes:
- Lilian de Arredondo, piano
- Alejo Amoedo, piano
- José Antonio Campo, canto
- Javier Viceiro, director de la orquesta de viento
Ao longo do concerto os asistentes poden disfrutar coa interpretación de diversas pezas musicais de Reveriano Soutullo nun programa que salienta pola súa amplitude e diversidade. Así poderemos escoitar diversas pezas de piano: “Evocación”, “En noche de luna”ou “Arabesca”; pezas para violín e piano como o nocturno da suite “Vigo”, e outras pezas para culminar coa interpretación do pasodobre “Puenteareas” a cargo da orquestra de vento do Conservatorio Superior de Música de Vigo.
Trátase pois dun concerto que posibilta un achegamento á figura de Reveriano Soutullo Otero e a unha selección das súa producción musical, que constituie unha mostra prodixiosa do seu xenio musical.
Este concerto está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas para conmemorar o LXXVI aniversario da estrea do pasodoble “Puenteareas” o 20 de outubro de 1929 no decurso da homenaxe popular que Ponteareas e mesmo Galicia enteira realizaron ao, xa daquela, popular compositor ponteareán.
Concello de Ponteareas