Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

USTG de IZAR fai pública súa valoración da movilización levada a cabo polos traballadores das factorias de Fene e Ferrol

En primeiro lugar queremos salientar a responsabilidade amosada polos traballadores que evitaron en todo momento a provocación do tremendo despliegue de Forzas de Orden Público para impedir súa lexitima manifestación.
Así mentres uns celebraban o resultado do noso traballo e esforzo, os traballadores, a pesares da inclemencia do tempo, amosabamos a nosa determinación de exisir un convenio xusto que compense e se corresponda có esforzo e a calidade do noso traballo do que se lles enche a boca a todos en gabanzas, pero que ninguén nolo recoñece nen premia.
En segundo lugar queremos poñer de manifesto unha vez mais que, a irresponsable actitude da Presidenta do Consello de Administración de IZAR Dona Esther Rituerto foi a que truncou e desluciu o que debería un acto de ledicia e de satisfacción para todos.
A súa nefasta actuación é ainda mais grave se temos en conta a situación á que levou as negociacións do Convenio non movendo a súa postura desde un principio e o que é mais grave, rexeitando o resultado da mediación que ela mesma había solicitado.
Polo que exisimos a quen lle corresponda o cese inmediato desta Señora que amosa unha patente incapacidade para rexer os destiños dun Grupo Empresarial da importancia política, estratéxica e económica, como é IZAR.
USTG de IZAR