A FEG envía á Consellería de Política Territorial unha denuncia sobre a caótica situación de desenvolvemento urbanístico en primeira liña de praia no Concello de Fisterra
Nos dous últimos anos a situación comeza a ser particularmente grave en moitos puntos da Costa da Morte( Muxía, Cee, Laxe, etc.). A Consellería de Política Territorial debe actuar firmemente e paralizar todos aqueles procesos que eluden ou trampean as diferentes normativas urbanísticas.
No caso de Fisterra trátase dunha infracción das normas da actual Lei do Solo a grande escala, cuns volumes de edificación desproporcionados que non contan co máis mínimo equipamento de servicios elementais necesarios para grandes urbanizacións.
Ó longo de 2005 e pese a sacar a concurso a redacción dun Plan Xeral, e ter previsto a súa aprobación inicial no presente ano, o Concello de Fisterra está a permitir que en primeira liña da praia da Langosteira e ó longo de toda a “recta da Anchoa” se estea a levar adiante a construcción de numerosas vivendas de edificación residencial semi-intensiva e extensiva, cun número de vivendas global cércano ás dúas mil, e todo en clara contradicción coas disposicións da Lei do Solo.
O concello de Fisterra carece de Plan Xeral de Ordenación Municipal, rexéndose polas Normas Subsidiarias de Planeamento de 1996, anteriores xa polo tanto a anterior Lei do Solo de 1997, polo que só se pode edificar nos terreos estean xa perfectamente urbanizados. Pola contra, o solo da “Recta da Anchoa” carece da mínima urbanización, polo que, ca actual Lei do Solo non se deberían de autorizar a construcción de tal elevado número de edificacións e de grande superficie de ocupación en tanto non se redacte un Plan Xeral de Ordenación, e, en calquera caso, sen a previa delimitación de polígonos que permitan a correcta urbanización e o cumprimento conxunto dos deberes de cesión, urbanización e de xusta distribución de cargas e beneficios, tal e como esixe a vixente Lei do Solo.
A FEG denuncia no seu escrito que a situación que actualmente se está dando nos escasos 1.700 metros da “Recta da Anchoa”consiste na construcción de numerosas edificacións de cincuenta e ata oitenta vivendas en primeira liña de praia, sobre terreos a carón da estrada C-552, desgaxadas da malla urbana e que carecen dos elementos básicos de urbanización, nin tan sequera encintado de beirarrúas. Os promotores inmobiliarios están aproveitando incluso os espacios que deberían ser destinados á dotacións de espacios libres e zonas verdes, zonas deportivas e equipamentos para toda a cidadanía. E así mesmo están a facer todas esas edificacións, de maneira anárquica, sen abrir nin una soa rúa e utilizando no seu lugar a estrada C-552 como a única rúa de todas as promocións, esquecendo así que é a única vía de entrada e saída que ten Fisterra, polo que estase a provocar o seu inmediato colapso. E, así mesmo, todas esas edificación estanse a facer sen reforzar os suministros de auga e electricidade, nin prever a creación de parques, ni reservar solo para vivendas de protección oficial, ni facer sumidoiros, polo que todas as edificacións en construcción fanse con pozos negros.
Segundo a FEG este modelo e insostible e pode ter consecuencias nefastas en moi poucos anos, e entre outros, para a praia de A Langosteira que se traduciría na recepción dunha alta carga contaminante de augas insalubres e olorosas e perdida de calidade das augas para o baño.
A FEG denuncia que o que está a pasar en Fisterra e exactamente o mesmo que pasou no Concello de Teo e que provocou que a Xunta suspendese as súas Normas Subsidiarias, e por iso e a FEG solicita á Consellería que requira do alcalde de Fisterra á paralización inmediata das obras iniciadas, e a incoación do oportuno expediente de reposición da legalidade a fin de permitir a ordenada urbanización do solo da praia da Langosteira una vez se aprobe a Plan Xeral que xa se está a redactar.

José Luis Castro Baleato (Secretario da Federación Ecoloxista Galega-FEG)