Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Os técnicos de Protección Civil de Galicia e Madrid colaborarán no intercambio de procedementos e actuacións

Os servicios técnicos de Protección Civil, atención ás emerxencias e servicios contraincendios e de salvamento de Galicia e Madrid colaborarán no intercambio de procedementos e actuacións, segundo anunciou o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, tras reunirse co Vicepresidente Segundo e Conselleiro de Xustiza e Interior de Madrid, Alfredo Prada Presa.

Así, a Comunidade Autónoma de Madrid facilitará a Galicia a cesión de dereito de uso do proxecto que serviu de base para a execución do centro de emerxencias Madrid-112 nas súas vertentes arquitectónica e tecnolóxica. O conselleiro, que visitou as instalacións esta mañá, sinalou que se trata dun “centro de referencia en Europa”, e declarou que o que se pretende crear en Galicia será similar, pero “adaptado ás necesidades do territorio galego”.

O 112 galego, pola súa parte, cederá o dereito de uso dos productos de desenrolo propietario para xestión de emerxencias que poidan ser de interese da Comunidade Autónoma de Madrid xa que, segundo Méndez Romeu, “para o Goberno galego, a cooperación con outras comunidades é un obxectivo permanente”.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia