Ponteareas convoca a III Feira de Artesanía As máns do Nadal

A nova edición desta feira artesanal realízase logo do éxito acadado os anos anteriores onde foron numerosos os visitantes que se achegaron ata a Sala de Exposicións do Auditorio Municipal “Reveriano Soutullo” para contemplar estas obras de artesanía e para realizar as súas compras de Nadal e Reís.
Coa celebración desta feira o Centro de Recuperación de Cultura Popular continúa levando adiante o seu traballo a prol da promoción e difusión da artesanía tradicional, como se acredita nas actividades que organiza periódicamente. Este Centro atópase instalado no Castelo do Sobroso, onde ofrece unha exposición permanente sobre indumentaria e cultura tradicional da nosa comarca, xunto a un obradoiro artesanal textil e unha tenda de artesania da bisbarra.
Ata o vindeiro día 30 de novembro está aberto o prazo para que os artesáns interesados poidan solicitar a súa participación na feira, en caso de existir máis solicitudes que os 10 postos ofertados realizaríase unha selección por unha Comisión nomeada ao efecto.
A celebración desta III Feira de artesanía “As máns do Nadal” enmárcase dentro do programa de actividades de Nadal que o Concello de Ponteareas está artellando para o vindeiro mes de decembro. Para máis información verbo desta feira os interesados poden dirixirse ao Centro de Recuperación de Cultura Popular no teléfono 986.654305.
Concello de Ponteareas