Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O presidente da Xunta reclama a unión do país para maximizar os proxectos estratéxicos e beneficiosos para Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, reclamou en Vigo “a unión do país, para maximizar os proxectos estratéxicos e beneficiosos para Galicia”. O mandatario autonómico fixo estas declaracións antes de pronunciar en Vigo a conferencia inaugural do III Congreso de Economía de Galicia.

Emilio Pérez Touriño suliñou que “hoxe en día buscar espazos de confrontación dunha cidade con outra, de confrontación entre norte e sur, non está a altura das circunstancias, significa non entender o reto que este país enfronta”. O presidente destacou que “Galicia compite con outras comunidades e rexións, nun mercado aberto e globalizado, non entre si”.

Así pois, o xefe do Executivo autonómico argumentou que a busca de confrontación “é cegueira, política de campanario e estreitura de miras, que non conduce a ningún lado”.

O presidente fixo fincapé en que Galicia precisa dunha acción política “sen localismos”, porque “sobra miopía”. Reiterou que “alguén que non entenda o reto estará contribuindo negativamente ao benestar de Galicia”. “Temos que sumar e colaborar”, opinou.

“A miña obriga é a defensa do país. Non haberá ninguén en Galicia que estea por diante do presidente da Xunta na defensa de Vigo, do sur e de Galicia enteira”, aclarou.

Sorprendido

Ante as preguntas dos xornalistas sobre críticas relativas ás súas xestións en Bruxelas, Emilio Pérez Touriño dixo non ter noticia. “Presidín o Consello da Xunta e como é habitual dei conta das entrevistas realizadas en Bruxelas, dando a valoración política de todo o que estimei oportuno. Non existiu nin o máis mínimo posicionamento, discusión, debate ou crítica nin nada que se lle pareza”, explicou.

Así pois, o presidente da Xunta manifestou estar “bastante sorprendido”, porque na reunión do Conselllo ninguén plantexou ninguha crítica. De feito, segundo o presidente, o vicepresindete trasladoulle a súa “valoración positiva” polo “éxito” que supuxo a concesión de fondos por pasrte da Unión Europea para o financiamento do porto exterior da Coruña.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia