O equipo de tiro olímpico de Carral gaña o primeiro Torneo Interclubes celebrado en A Coruña
No apartado individual, a gañadora absoluta foi a tiradora representante do Club de Tiro de Carral, Evelyne Manchon, que gañou tres das catro probas nas que participou, e empatou na outra coa primeira clasificada. O segundo clasificado foi Jorge Luís Sánchez Álvarez, tamén do Club Carralés, e no terceiro posto, dos 15 deportistas que tomaron parte na competición, foi para o tamén carralés Manuel Antonio Méndez Vázquez.
Na modalidade de carabina, o triunfo individual foi para o tirador xuvenil, pertencente ó club de Carral, Antonio José Casal Rey, que cunha gran superioridade gañou tódalas probas celebradas. En segundo e terceiro lugar, quedaron o tirador do Castro de Ferrol, José Prieto y a tiradora, tamén de Ferrol, María José Rodríguez.
No apartado por equipos, gañou amplamente o Club de Tiro Olímpico de Carral, seguido do Club Arteixo e o Club Santiago.
Por equipos, gañou o Club de Carral, coa participación dos seus tiradores, como o xa nomeado, Antonio José Casal Rey, Luís García Guillín, Juan Carlos Mena Regueiro e Jorge Luís Sánchez Álvarez, que dobrou proba na última xornada.
Este I Torneo Interclubes, da provincia da Coruña, naceu no presente ano, e nel tomaron parte os 15 mellores tiradores da provincia (3 por club) comezando a súa primeira edición na cancha municipal de Tiro Olímpico de Carral, e rematando, despois de 6 intensas xornadas, na cancha do Club de Tiro de Arteixo.
En suma, esta xornada, foi un gran éxito para o equipo carralés, que obtivo a vitoria por diante de equipos teoricamente superiores. Este feito premia o gran esforzo que esta realizando este pequeno grupo de afeccionados. Neste éxito ten tamén a súa parte o Concello de Carral, cun decidido apoio no seu tratamento deste deporte, xa que é o único en Galicia que contra dentro do seu programa de Escolas Deportivas Municipais, cun aula para a practica da modalidade de Tiro Olímpico, destinada á promoción e a ensinanza.

Casa de Cultura (Concello de Carral)