Viaxe ó encontro de Fútbol Deportivo-Cádiz dos nenos e nenas de Carral
Ó encontro acudiron un total de 42 nenos e nenas da localidade carralesa nun autobús que a autoridade municipal dispuxo para tal fin. Neste proxecto tamén contribuíu o Real Club Deportivo da Coruña, que aportou as entradas para os rapaces e os seus monitores. Partiron ó redor das 15.30 h dende o Campo da Feira de Carral cara a Riazor.
Debido ó éxito da xornada, o concelleiro de deportes, Jesús Manuel Raso, decidiu empezar a preparar unha nova viaxe o Estadio Municipal da que poderán disfrutar os nenos en poucas semanas.
Concello de Carral