Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Carmen Gallego presidiu a entrega da embarcación Playa de Raposiños á Confraría de Pescadores de A Pobra do Caramiñal

A conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, presidiu a entrega da embarcación “Plaia de Raposiños” á Confraría de Pescadores de A Pobra doCaramiñal. A conselleira estivo acompañada neste acto pola delegada de Pesca de A Coruña, Rosa Liaño, e o patrón maior do pósito, Manuel Maneiro.



O novo buque, construido en poliéster reforzado con fibra de vídreo
(P.R.F.V), conta cunha eslora total de 9,50 metros e un arqueo de 5,67 Gt´s. Pode navegar a 20 nudos de velocidade e ten cuberta corrida, con saltillo a proa, dispoñéndose baixo a mesma mamparos divisorios estancos delimitando
os distintos compartimentos. Sobre a cuberta ten unha caseta ca ponte de
goberno, un aseo e un acceso ao pañol.



O navío empregarase para realizar tarefas de limpeza de algas e
rexeneración dos bancos marisqueiros, algo que ata o de agora se levaba a
cabo coas propias embarcacións dos mariñeiros. Asemade, o barco entregado
hoxe está dotado dunha grúa capaz de cargar ata 975 Kg de peso, evitando
así que os traballadores teñan que trasladar as algas de xeito manual, o
que mellorará notablemente as súas condicións laborais.

A embarcación polivalente “Praia de Raposiños” ten capacidade para catro
tripulantes e está dotada de todos os aparellos necesarios para realizar
labores de control. Ademais, o barco de 480 cabalos de potencia, permitirá
á confraría mellorar a produción dos bancos marisqueiros e facer labrados
continuos sobre os mesmos, para que deste xeito o sustrato esté nas
mellores condicións posibles.



O novo buque contou cun orzamento de 150.000 euros, financiados con fondos
europeos IFOP a través das axudas de Pesca Costera Artesanal. A embarcación
foi construida nos esteleiros Otero y Losada de Boiro e a montaxe
realizouse nos talleres Alfredo y Miguel de Ribeira.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia