Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Acerca da reunión dos colectivos pola mellora da vía rápida cos portavoces dos grupos municipais do concello de Moaña

Os colectivos pedíronlle ós sres. portavoces a disposición de todos eles en desprazarse ó despacho do Sr. Conselleiro para mostrar públicamente a indignidad desa institución ó rexeitar as peticións de diálogo que fai a institución local máxime tendo en conta a importancia do asunto que motiva tal petición que non é outra que acadar a través do diálogo unha solución consensuada para mellora o método constructivo nos casos da Devesa e Muiño do Inferno e unha mellora do trazado no caso de O Caeiro.
Os portavoces comprometéronse a que se no prazo prudencial dunha semana as xestión que están en marcha (valedor, Sr. Anton Louro, Sres Peña e Lobeira) non consiguen que se produzca ese contacto institucional se personarán no despacho do Sr. Conselleiro o tempo que faga falta para forzar ese contacto.
Por outra parte, o grupo parlamentario do PP confírmanos que recibiu a nosa solicitude de entrevista, que lle dan curso ó destinatario e que en breve nos contestarán. Javier Barreiro adquiriu onte o compromiso en facer algunha xestión ó respecto. 
Jacinto García + Víctor Pastoriza