Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Trece artesáns participan na III feira de Artesanía As Máns do Nadal, no Concello de Ponteareas

A convocatoria da III Feira de artesanía “As máns do Nadal” que se celebra en Ponteareas dende o mércores 21 de decembro ata o xoves 5 de xaneiro de 2006 ten acadado unha gran acollida entre os artesáns que teñen ocupado todos os postos dispoñibles para esta nova edición. Estarán presentes na feira artesans de vidro, madeira, ourivesería, coiro, retacería, xoguetes tradicionais, xoiería, cerámica, marroquinería, teceduría, etc. ata un total de 13 obradoiros de artesanía procedentes da nosa bisbarra e mesmo de toda Galicia, con artesáns de Coruña, Santiago, Ourense, etc.
Esta feira de artesanía está organizada polo Centro de Recuperación de Cultura Popular do Concello de Ponteareas que dentro das súas funcións está a promoción e difusión da actividades artesanal de Ponteareas e a súa bisbarra. A celebración desta feira nos pasados anos acadou unha moi boa acollida polos veciños de Ponteareas que ao longo dos días de apertura da feira se achegaron en grande número a visitala; con esta cita feiral o Concello de Ponteareas trata de promocionar a implantación do sector artesanal ao tempo que oferta unha actividade de grande atractivo para veciños e visitantes que se achegan ata Ponteareas nestas datas.
Esta III Feira de artesanía “As máns do Nadal” ten lugar na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal “Reveriano Soutullo” de Ponteareas.


Esta feira de artesanía se enmarca dentro do amplo programa de actividades que a Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas promove ao longo das festas navideñas deste ano 2005 para o lecer dos veciños de Ponteareas e os visitantes que se achegan nestas datas á nosa vila.

Tamén se pode visitar o tradicional Belén que prepara o Concello de Ponteareas nesta Sala de Exposicións do Auditorio e que, dotado de diversos mecanismos animados, anualmente convértese nun elemento de xa clásico do Nadal de Ponteareas facendo sobre todo as delicias dos máis pequenos.


A elaboración deste Belén Tradicional, con más de cincoenta metros cadrados de superficie tenta promover a conservación deste costume popular amplamente estendido de realizar unha representación dos misterios do Nadal coa representacións dos ambientes da época do nacemento de Xesús.
Biblioteca e Museo Municipal de Ponteareas