Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Responsables de cooperación da área metropolitana de Vigo se reúnen en Baiona

Ao acto de constitución desta Rede, que terá lugar o próximo xoves día 22 ás once da mañá, nas dependencias do Concello, asistirá a responsable de Sensibilización e Formación do Fondo Galego, Aurora Carbajal.
Dinamizada polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI, esta plataforma pretende servir de mecanismo de programación de actividades sensibilizadoras en diferentes municipios, a fin de que a cidadanía tome conciencia e coñecemento do que se está a facer neste eido, un capitulo cada vez máis presente na acción municipal, tamén en Galicia.
En Baiona se celebra este primeiro encontro que se prolongará noutras seis localidades de Galicia nas próximas semanas.
Ao longo dos últimos anos, o Fondo Galego elaborou diversa documentación e dispón de varios medios que poden ser utilizados polos diferentes Concellos para impulsar actividades de sensibilización. Este colectivo de persoas porán en común as súas experiencias, propoñendo, en función da súa propia realidade social, aquelas actuacións que poidan resultar de maior interese en función das súas circunstancias concretas (irmanamentos, inmigración, traxectoria solidaria, presencia de ONGDs locais, etc.).
O programa conta co apoio da Secretaría Xeral de relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.
Igadi