Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O goberno de Carral segue desfacéndose ilegalmente dos seus traballadores

Esta traballadora laboral foi a encargada de promover unha ampla variedade de iniciativas de carácter formativo, de promoción económica e empresarial, e de desenvolvemento local no municipio carralés, sendo inéditas ata a incorporación da Sra. Barbeito. A ela débenselle a creación do Centro Municipal de Formación, o Obradoiro de Emprego “Antón Fraguas”, as homologacións de dependencias municipais para a impartición de cursos de formación ocupacional de Xardinería, Informática, Deseño Gráfico, Carpintería e Xestión Empresarial, onde se formaron máis de 500 alumnos; as campañas de promoción do comercio “Merca no teu concello, sairás gañando”, o servicio de asesoramento a emprendedores, empresarios e parados; foi responsable da implantación e dirección do Servicio Galego de Colocación en Carral, e responsable doutras moitas accións municipais coas que puido demostrar a súa gran capacidade e valía como responsable técnica das áreas de desenvolvemento local, emprego e formación.

O seu traballo ao longo da década adicada a Carral é recoñecida en toda a comarca e en aquelas institucións públicas coas que mantiña unha estreita relación profesional.

Por isto resulta incomprensible a nova actitude dictatorial do alcalde, quen prescinde doutro técnico municipal sen motivo que o xustifique. Xa o fixo co Técnico de Cultura e Deportes, Carlos Lorenzo, presidente ademais do Comité de Empresa; e polas actitudes acosadoras do equipo de goberno ante outros traballadores da escala técnica, parece que este despido non vai supoñer o fin.

Berta Barbeito xa anunciou accións legais contra o consistorio, e segundo a lexislación laboral vixente, contará coa razón para ser readmitida ou indemnizada por un presunto despido improcedente.

Mais esta manobra non é a única que ven ideando o equipo de goberno, senón que se suma a outras que detallamos:

- Séguese co mobbing a diversos traballadores, impedíndoselles levar a cabo as súas responsabilidades con criterios profesionais, e propiciando situacións de marxinación.
- A contratación de persoal polo Plan Labora se realiza de xeito fraudulento, enconmendándolle funcións a traballadores que non corresponden co seu posto de traballo, sen que se corrixan aspectos como o salario a percibir. Ademais o equipo de goberno forza a outras institucións para que accedan aos listados dos procesos de selección persoas do seu interese.
- Nalgúns casos non se realiza un proceso de selección transparente para a contratación de persoal para substitucións, e que posteriormente ás substitucións permanecen en plantilla sen xustificación aparente.

Estas circunstancias e moitas máis reflictense nos tres procesos xudiciais que ten abertos con traballadores do Concello.

O Sr. Fernández Mouriño segue despreciando á meirande parte dos traballadores ao non correxir as súas actitudes, que limitan os dereitos dos empregados e propician un mal ambiente laboral que se acaba transmitindo aos servicios que se lle teñen que ofrecer aos cidadáns de Carral.

Unha vez máis se lle esixe reflexión, diálogo e consenso para poder redirixir a política laboral polos cauces da normalidade e da mellora continua dos servicios municipais.


Carlos Lorenzo (Presidente Comité de Empresa) + Manuel Ares (Secretario Comité de Empresa) - Concello de Carral